Galego Español

Iniciar sesión

Buscar empresas
Organizacións adheridas

Rexistro de Morosos

Normas de Funcionamiento

  1. Tódolos asociados a ASFADECE Galicia terán absoluta liberdade e voluntariedade para adherirse ao Rexistro de Morosos.
  2. Establécese unha absoluta liberdade dos asociados adheridos ao Rexistro para fixar a súa política comercial fronte ao moroso.
  3. A responsabilidade da xestión do Rexistro de Morosos recaerá no órgano administrativo de ASFADECE Galicia.
  4. Os datos achegados polos asociados adheridos ao Rexistro, a fin de que a súa transmisión sexa obxectiva, non serán obxecto de cualificación, nin serán elaborados por parte da Asociación.
  5. Os datos incluídos no Rexistro non serán manipulados nin serán utilizados con fins distintos dos autorizados no mesmo.
  6. Permítese o acceso dos interesados (morosos) para coñecer e no seu caso rectificar, os datos que lles afecten.
  7. O Rexistro de Morosos baséase en dar e recibir información, pero en ningún caso condicionando aos asociados e facilitando exclusivamente aos asociados adheridos ao mesmo esta información.
  8. Os asociados adheridos ao Rexistro poderán incluír na súa Relación de Morosos a aquelas persoas, entidades e organismos cuxa débeda exceda en máis de 90 días a data da súa vencimiento.
  9. Antes de incluír a un moroso no Rexistro, ASFADECE Galicia deberá notificarllo para que poida cancelar a súa débeda ou ben poida corrixir a súa situación achegando novos datos, no caso de que discrepase dos que constan no Rexistro, outorgándolle para iso un prazo de 15 días e así evitar a inclusión no mesmo.
  10. Calquera asociado adherido poderá ter acceso ao Rexistro, facilitándolle ASFADECE Galicia os datos da información requirida.
  11. Cada asociado adherido ao Rexistro relacionará os seus morosos nun impreso destinado a tal fin e particularmente cumprimentará os datos do mesmo nunha folla independente a modo de ficha, selada e asinada.
  12. Unha vez que o moroso cancele a súa débeda, o asociado acredor deberá comunicar obrigatoriamente este feito a ASFADECE Galicia noutro modelo destinado a tal fin, para que unha vez recibido devandito comunicado, se elimine inmediatamente ao moroso do Rexistro, informando deste feito aos Asociados adheridos voluntariamente ao mesmo.